Login / Subscribe

Language: English | Nederlands | Français | Italiano | Español | Euskara

Saioa hasi/izena eman   
Taldea Profila: EFAPEL 2015






Elkarrizketak
Hizkuntza:    All |DE | EN | ES | EU | FR | IT | NL | PT |
1

Alejandro Manuel Marque Porto
Estou con moitas gañas porque volvo a competir. Necesitábao

La Voz de Galicia, 13 Otsaila 2015
O ciclista estradense Álex Marque porá fin o vindeiro mércores 18 na saída da Volta ao Algarve a algo máis dun ano case en branco. Chega coa súa inocencia probada despois de que a UCI e a Federación Española de Ciclismo arquivaran a finais de xullo o proceso que lle abriran pola aparición de betametasona nunha análise que lle fixeron na Volta a Portugal 2013 que gañou. Despois de oito meses de loita nos despachos para defender como dixo dende o primeiro momento que sempre cumprira a normativa e na que tivo e un gran apoio social, agora volve á loita nas estradas. Mañá sábado é a presentación do equipo portugués Efapel, polo que fichou no pasado novembro para esta volta á competición, e no que tamén estará o estradense Óscar González, que non participará nesta primeira cita do calendario no ano do seu salto a profesionais.


1





--- iragarpena ---